O proxecto “Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento” en catro centros escolares galegos durante este curso

Ao longo deste curso escolar 2024/2025, desde a delegación galega de ACPP desenvolveuse o proxecto “Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e ou Desenvolvemento (ESR-EpD)” con grupos de 1º da ESO xunto co seu profesorado-titor nos centros IES Chano Piñeiro de Forcarei, IES Plurilingüe Antón Losada da Estrada, IES de Brión e IES Xulián Magariños de Negreira. 
A proposta articulouse ao redor de catro talleres que convidaron a reflexionar ao alumnado e profesorado sobre a convivencia nas súas aulas e a percepción dos centros escolares como contornas pacíficas. O primeiro taller da secuencia, “Que me dá paz?”, deu lugar a resultados interesantes pois, de maneira xeral, o alumnado e profesorado participante relaciona a paz con conceptos como a tranquilidade e a calma, aínda que non deixa de estar presente a paz concibida como ausencia de conflitos ou guerras, vinculándoa co respecto e a igualdade. A maioría identifican as súas familias e amizades como elementos necesarios para a súa paz. 
Dando continuidade aos elementos e debates xurdidos nesta primeira sesión, o segundo taller consistiu nun círculo de diálogo facilitado por Noelia de *Ás do Social, S.Coop.Gal no que se profundou nos aspectos que dificultan ou impiden que as súas aulas e centros escolares sexan percibidos como “de paz”. Despois da palabra, deuse espazo ao corpo a través de dinámicas propias de teatro foro para seguir indagando en que elementos ou situacións concretas son limitantes. Esta proposta foi facilitada por Ángela, Aida e Rebeca de Feitoría Verde, S. Coop.Gal. 
Finalmente, o último taller nomeado “Que nos dá paz?” pechou o círculo. Este último encontro co alumnado e profesorado tivo unha clave máis propositiva xa que se reflexionou sobre aspectos nos que se podería incidir para contribuír a que os centros escolares e as aulas, efectivamente, sexan de paz. 
Co fin de seguir fortalecendo o proxecto, tamén se realizou un encontro co equipo educativo ESR, isto é, co profesorado coordinador do proxecto e as asistencias técnicas participantes. Nesta xornada, reflexionouse sobre a convivencia nos centros e pensouse en como articular propostas desde o proxecto que repercutan na mellora da convivencia escolar. 
O “Escolas Sen Racismo, Escolas para a Paz e ou Desenvolvemento (ESR-EpD)” é unha aposta integral para fortalecer a transversalización da educación para o desenvolvemento e a cidadanía global en Galicia cun claro enfoque de educación para a cultura de paz. Seguiremos apostando por metodoloxías e enfoques que conviden á reflexión e mobilicen, que fagan dos centros educativos escolas de paz. 