Ser unha Escola Sen Racismo, Escola para a Paz e o Desenvolvemento significa comprometerse cun proceso compartido de aprendizaxe, no que, xuntos, os centros que forman parte do programa e ACPP, buscamos estratexias e recursos (teóricos e prácticos) para seguir mellorando e innovando na Educación para a Cidadanía Global. Así, o programa integra unha serie de actividades que se realizan ao longo de sucesivos cursos escolares, xerando unha forma de traballo que vai máis aló de experiencias esporádicas. Propostas flexibles que poden ser enriquecidas e complementarse coas iniciativas da comunidade educativa e que confiren ao programa un carácter aberto e participativo que converte ao profesorado, alumnado, ANPAS e demais actores en protagonistas do programa.

Se estás interesado/a, como membro dunha comunidade educativa, en dispor de máis información sobre o programa ESR EPD ou en formar parte do mesmo, utiliza o seguinte formulario para pórte en contacto connosco.

Xuntos/as coñecerémonos, realizaremos o diagnóstico e a planificación da posta en marcha e desenvolvemento do programa

 Política de protección de datos e de privacidade*

 Desexo recibir comunicacións das actividades e campañas de ACPP

* Todos os campos son obrigatorios